Sunday 28 de April de 2024

O Concello critica a ausencia da vía Ártabra e da Casa do Mar de Mera nos orzamentos da Xunta


O Concello lamenta que o Goberno autonómico non recolla nos seus orzamentos para 2024 importantes necesidades de mellora nos servizos públicos e nas infraestruturas que levan anos agardando a seren realizadas en Oleiros.

A continuación da vía Ártabra ata a AP-9, a conversión da Casa do Mar de Mera nun verdadeiro Centro de Saúde, o novo depósito de auga de Sarro e a mellora dos colectores xerais de abastecemento de auga, a creación de beirarrúas e as melloras viarias en varias estradas autonómicas -avenida Isaac Díaz Pardo, Igrexa de Serantes-O Cubo, Salvador Allende,…- “Ata cando teremos que agardar?”, preguntouse o alcalde Ángel García Seoane.